Mapa de recursos

Mapeando os recursos violetas da contorna

As e os profesionais da Educación non Formal intentamos, as máis das veces, crear desde cero procesos de intervención en igualdade de xénero coas persoas coas que traballamos. Somos moitas, desde moitos lugares, elaborando contido e innovando. Este mapa de recursos procura achegar un gran de area á posta en común de todo o que xa sabemos, de todo o que está feito e ensaiado. Para non sentirnos soas nesta tarefa que é ao mesmo tempo persoal, educativa e política. Para contribuír á construción colectiva de coñecemento.

O mapa é o resultado -sempre inacabado- dun proceso de detección e selección de recursos en materia de igualdade (axudas, publicacións, ferramentas online, itinerarios formativos, catálogos de servizos e persoas expertas etc.) aplicables ás realidades e necesidades das entidades que traballan na Educación non Formal. O obxectivo é o de crear unha ferramenta que poida ser útil para que as entidades e as persoas profesionais da Educación non Formal poidan construír as súas estratexias para seguir traballando en prol da igualdade.

Este ano, ademais dalgunhas novidades, incluímos un repositorio de actividades creadas polas persoas participantes na 3ª Edición do Curso de Lentes Violetas para a Educación non Formal, que agardamos continúe ampliándose en futuras edicións. Non deixedes de botar unha ollada, explorar e adaptar as propostas as vosas necesidades.

Non é un documento estanco. Está en permanente revisión e actualización, e busca ser aberto e colaborativo. Porque así ha de ser, tamén, o coñecemento. Porque as loitas compartidas teñen máis forza, máis capacidade e máis alegría.

Esperamos que sirva e agardamos achegas, ideas e impulsos. 

Buscador de recursos

WIDE. Women in Development Europe

Rede europea feminista de desenvolvemento

Sin género de dudas

Portal de divulgación feminista e igualdade

ONU. Mainstreaming de Género en Naciones Unidas

Programa institucional das Nacións Unidas

ONU Mujeres

Axencia das Nacións Unidas para a igualdade de xénero

OIT. La igualdad de género

Organización internacional (axencia da ONU)

Lobby Europeo de Mujeres

Plataforma europea de organizacións de mulleres

IFU The International Women’s University

Universidade internacional feminista

ICRW (International Center for Research on Woman)

Centro internacional de investigación sobre mulleres

GED. Servicio de Género, Igualdad y Diversidad

Servizo institucional universitario

Fundación Mujeres

Fundación que promove igualdade e dereitos das mulleres

EPWS. European Platform of Women Scientists

Rede europea de científicas e organizacións de investigación

EIGE. Instituto Europeo de la Igualdad de Género

Axencia da Unión Europea especializada en igualdade de xénero

Coordinadora Española del Lobby Europeo de Mujeres

Plataforma estatal de organizacións feministas

Comisión Europea. Igualdad de Género

Institución da Unión Europea

AWID. Derechos de las Mujeres

Organización internacional feminista de investigación e incidencia política

Asociación de Mujeres Juristas Themis

Asociación profesional de mulleres xuristas

AOIFE (Association of Institutions for Feminist Education and Research in Europe)

Rede europea de investigación e educación feminista

Amnistía Internacional. Mujeres y niñas

ONG internacional de defensa dos dereitos humanos

AHIGE. Asociación de Hombres por la Igualdad de Género

Asociación social de homes pola igualdade de xénero

AEIHM. Asociación Española de Investigación e Historia de las Mujeres

Asociación académica e de investigación feminista

@biblioteca_lgtbi

Recomendacións e difusión de libros e cultura LGTBI.

@felgtbi

Federación estatal LGTBI+ que defende dereitos e igualdade.

@arelas_menores_mocidade_trans_

Asociación galega de apoio a menores e mocidade trans.

@chrysallis_afm

Asociación de familias de menores trans.

@neeumatiko

Activismo e divulgación sobre diversidade sexual e de xénero.

@rededucalgbtiq

Rede educativa que promove inclusión LGBTIQ+ nas aulas.

@amizando

Asociación que traballa pola diversidade afectivo-sexual en Galicia.

@asociacion_nosmesmas

Asociación LBT que promove dereitos e visibilidade lésbica.

@micicloesmio

Educación sobre ciclo menstrual e saúde feminina.

@cromosomosx

Divulgación sobre saúde das mulleres e igualdade.

@pingando.gal

Información sobre menstruación e saúde menstrual.

@fisioirenevazquez

Fisioterapia e saúde corporal con enfoque divulgativo.

@salud_sexual_para_todos

Educación e promoción da saúde sexual.

@nonmonogamiasourense

Comunidade galega de relacións non monógamas.

@hablemosdepoliamor

Recursos e divulgación sobre poliamor.

@la_vasallo

Brigitte Vasallo: pensamento crítico sobre monogamia e relacións.

@historiaspoliamor

Experiencias e relatos sobre poliamor.

@golfxsconprincipios

Podcast e comunidade sobre relacións non monógamas.

@poliactivismo

Activismo e educación sobre poliamor.

@mo_no_gamia

Divulgación sobre modelos relacionais alternativos.

@openmandarina

Reflexións sobre non monogamias e relacións éticas.

@gotitasdepoliamor

Divulgación sobre poliamor e relacións non monógamas.

@martamnovoapsico

Psicoloxía e educación emocional.

@maria_esclapez

Psicoloxía, relacións afectivas e dependencia emocional.

@laboratorio_afectivo

Espazo de investigación e divulgación sobre afectividade.

@emotimestra

Educación emocional aplicada á educación e á vida diaria.

@demente_.s

Reflexións sobre saúde mental e emocións.

@paula.psychology

Psicoloxía e divulgación sobre benestar emocional.

@susanacastro_terapeuta

Contidos terapéuticos sobre relacións e saúde emocional.

@lyona_ivanov

Ilustradora e directora que aborda feminismo e sexualidade.

@rizomasexologia

Sexoloxía crítica e educación sexual.

@martadiport_

Contidos educativos sobre sexualidade e relacións.

@paulyna_dibuja

Ilustración feminista e sexualidade positiva.

@the.vulva.gallery

Proxecto artístico que visibiliza a diversidade das vulvas.

@kikiconamor

Educación sexual con enfoque positivo e inclusivo.

@arolapoch

Sexóloga que divulga sobre sexualidade, relacións e pracer.

@xnohablar

Divulgación sobre sexualidade e educación sexual.

@arseroticas

Arte erótica e reflexións sobre sexualidade.

@dialogasex

Educación sexual con enfoque pedagóxico e social.

@alejandropinaredondo

Divulgación sobre sexualidade e relacións.

@conxeitosexoloxia

Sexoloxía e educación sexual en galego.

@noelia.edusosex

Sexóloga que comparte contidos de educación sexual.

@sex_esteem

Educación sexual positiva e autoestima sexual.

@mamacasquet

Divulgación sobre sexualidade, pracer e educación sexual.

@asaaribibang

Artista e activista que aborda racismo, identidade e cultura afro.

@afropoderossa

Activismo afrodescendente e feminismo negro.

@hijadeinmigrantes

Experiencias e reflexións sobre migración e identidade cultural.

@resistenciaenterraallea

Relatos e reflexións sobre migración, racismo e identidade.

@luciambomio

Divulgación sobre racismo, identidade e feminismo afrodescendente.

@afrofeminas

Plataforma de feminismo negro e antirracista en español.

@missafrogirl

Activismo e reflexións sobre racismo, feminismo e identidade afro.

@futuros_hombres

Proxecto educativo que promove modelos de masculinidade igualitarios.

@lio.delg

Divulgación sobre masculinidades, igualdade e educación emocional.

@masculinidadsubversiva

Contidos críticos para repensar a masculinidade desde unha perspectiva feminista.

@masculinidadesbeta

Reflexión e divulgación sobre novas masculinidades.

@hombrescontraelpatriarcado

Colectivo de homes que traballan contra o machismo e o patriarcado.

@demachosahombres

Proxecto educativo para cuestionar e transformar as masculinidades tradicionais.

@xornalistasgalegas

Asociación de xornalistas que promove o xornalismo con perspectiva feminista.

@latarjetamorada

Espazo de formación e sensibilización feminista.

@educarsinestereotipos_

Recursos educativos para unha educación libre de estereotipos de xénero.

@croquetamente_

Conta divulgativa sobre saúde mental e feminismo.

@eugeniatenenbaum

Divulgadora cultural que analiza feminismo, literatura e historia das mulleres.

@brigada_feminista

Colectivo activista que divulga e promove accións feministas.

@lola.vendetta

Personaxe ilustrado feminista que denuncia machismo con humor e crítica social.

@galeotecarla

Divulgación feminista e educativa con perspectiva social e pedagóxica.

@creandoeducacionsocial

Recursos e reflexións sobre educación social, igualdade e intervención comunitaria.

@jorgemarinusc

Contidos educativos e divulgación sobre igualdade e educación social.

@almasmeraki

Conta divulgativa sobre feminismo, reflexión social e crecemento persoal.

@materfem_galegas

Colectivo que aborda maternidade desde unha perspectiva feminista e crítica.

@galegas8m

Plataforma feminista galega que organiza mobilizacións e campañas polo 8M e polos dereitos das mulleres.

Institut de les Dones de Valencia

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Generalitat Valenciana

Instituto Vasco de la Mujer

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Gobierno Vasco

Instituto Navarro para la Igualdad

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Gobierno de Navarra

Servicios Sociales para la Mujer de Murcia

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Región de Murcia

Área de la Mujer de Melilla

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Ciudad Autónoma de Melilla

Centro Asesor de la Mujer de La Rioja

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Gobierno de La Rioja

Secretaría Xeral da Igualdade. Xunta de Galicia

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Xunta de Galicia

Instituto de la Mujer de Extremadura

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Junta de Extremadura

Centro Asesor de la Mujer de Ceuta

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Ciudad Autónoma de Ceuta

Instituto Universitario de Investigación de Estudios de las Mujeres y de Género. UGR

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Universidad de Granada

Dirección General de la Mujer de Castilla-León

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Junta de Castilla y León

Instituto de la Mujer de Castilla-La Mancha

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Gobierno de Castilla-La Mancha

Dirección de Igualdad y Mujer de Cantabria

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Gobierno de Cantabria

Instituto Canario de Igualdad

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Gobierno de Canarias

Institut Balear de la Dona

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Govern de les Illes Balears

Instituto Asturiano de la Mujer

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Gobierno del Principado de Asturias

Instituto Aragonés de la Mujer

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Gobierno de Aragón

Instituto Andaluz de la Mujer

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Junta de Andalucía

Instituto de las Mujeres

Organismo público dependente das diferentes administracións do Estado onde poder consultar recursos e posibilidades de formación.
  • Ministerio de Igualdade

Rede Educativa de apoio LGTBIQ+ de Galicia

Banco de recursos para a educación na diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas.
  • Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia

Clic & Coop – Materiales

Recursos relacionados con cooperativas de traballo, cun apartado específico de “Muller e Xénero”.
  • Click & Coop

InteRed

Recursos educativos para unha educación transformadora.
  • Intered

Femiagenda

Compilación de noticias, colectivos, proxectos, oportunidades de formación, recursos didácticos, mapeo feminista estatal etc.
  • Femiagenda

Educar para la igualdad

Compilación de recursos varios sobre igualdade, coeducación, perspectiva de xénero etc.
  • Gobierno de Canarias

Educar para la igualdad (Online)

Compilación de recursos varios sobre igualdade, coeducación, perspectiva de xénero etc.
  • Gobierno de Canarias

Educando en igualdad. Materiales para trabajar en el aula

Formación do profesorado, materiais didácticos, investigación, obradoiros co alumnado, campañas de sensibilización, publicacións etc.
  • Federación de Empleadas y Empleados de los Servicios Públicos de la Unión General de Trabajadores

Coordinadora Feminista – Federación Estatal de Organizaciones Feministas

Compilación de recursos varios sobre feminismos, coeducación, educación afectivo-sexual, ecofeminismos…

Educando en igualdade

Blog de recursos para traballar a igualdade nos centros educativos e outros espazos educativos.

Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud

Comunidade de coñecemento que promove unha rede de investigacións vencelladas ao contexto social e cultural de adolescentes e mocidade. Así mesmo, realiza numerosas publicacións en materia de xénero, TICs, educación, participación e activismo etc.
  • Fundación FAD Juventud

SIDA STUDI

Centro de documentación e formación sobre VIH/sida.
  • SIDA STUDI

SEDRA – Federación Galega de Planificación Familiar

Atención á saude sexual e reprodutiva, educación sexual e acompañamento a profesionais e familias. Facilitan atención idividualizada e desenvolven obradoiros con grupos, asociacións, centros educativos etc.
  • SEDRA

Publicacións do Ministerio de Igualdad

Compendio de estudos, informes e guías elaboradas polo Ministerio de Igualdade, os materiais están organizados nas temáticas de violencia de xénero, diversidade étnico-racial, diversidade sexual e publicacións do Instituto de las Mujeres.
  • Ministerio de Igualdad

Asociación Nós Mesmas

Información sobre o acoso escolar LGTB, recursos para o traballo nas aulas e experiencias visibles.
  • Asociación Nós Mesmas

Oficina para a igualdade de xénero

Publicación de guías, estudos e informes sobre a temática, e organización de actividades formativas para a comunidade universitaria e a cidadanía.
  • Universidade de Santiago de Compostela

Oficina para a igualdade de xénero

Publicación de guías, estudos e informes sobre a temática, e organización de actividades formativas para a comunidade universitaria e a cidadanía.
  • Universidade da Coruña

Oficina para a igualdade de xénero

Publicación de guías, estudos e informes sobre a temática, e organización de actividades formativas para a comunidade universitaria e a cidadanía.
  • Universidade Vigo

Centro de documentación e recursos feministas de Vigo

Arquivo de material bibliográfico, publicacións periódicas, material audiovisual, folletos e carteis…
  • Consellería de Igualdade - Concello de Vigo (Xestiona)

Unidade de Muller e Ciencia de Galicia

Órgano colexiado de asesoramento, elaboración de informes e recomendacións para aplicar a perspectiva de xénero na ciencia e tecnoloxía galegas.
  • Secretaría Xeral de Igualdade - Xunta de Galicia (Xestiona)

Centro de documentación en igualdade e feminismos

Información, documentación e actividades formativas relativas ao coñecemento do pasado e presente das mulleres e as súas relacións, do sistema dos sexos, dos feminismos, así como aos estudos de xénero e ás sexualidades.
  • Consello da Cultura Galega (Xestiona)

Área de Igualdade da Deputación da Coruña

Servizos da Área de Igualdade da Deputación da Coruña, onde consultar recursos audiovisuais, guías, concursos e premios, proxectos de éxito en igualdade de xénero etc.
  • Área de igualdade - Deputación da Coruña

Centros Quérote+

Prestan un servizo de información e asesoramento á xuventude galega e entidades que traballan coa mocidade, nas áreas de sexualidade e afectividade, imaxe corporal e a autoestima, convivencia e as relacións sociais no espazo físico e no virtual e en relación ao consumo de certas substancias.
  • Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado - Xunta de Galicia (Xestiona)

Centros de Información ás Mulleres (CIM)

Servizo de información ás mulleres, que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, formación e información en materia de recursos dispoñibles no ámbito territorial e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade real das mulleres.
  • Secretaría Xeral de Igualdade - Xunta de Galicia e Concellos de Galicia (Xestiona)

Premios Aulas por la Igualdad: Premios Irene 2025

Beneficiarios/as: Centros educativos públicos non universitarios do estado español, que contribúan a erradicar as conductas violentas e a promover a igualdade e a cultura da paz.
  • Instituto de la Juventud (INJUVE) (Convoca)

Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación

Beneficiarios/as: Traballos que recollan as experiencias de introdución da perspectiva de xénero, xa realizadas por membros do PDI da Universidade de Santiago de Compostela. A efectos desta convocatoria terase en conta a consideración de PDI.
  • Universidade de Santiago de Compostela (Convoca)

Premio”Ángeles Alvariño” a TFG e TFM con perspectiva de xénero

Beneficiarios/as: Alumnado que entregue TFMs ou TFGs na convocatoria en curso e que cursara os seus estudos na UDC.
  • Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC

Premio “Luisa Villalta” a proxectos pola igualdade

Beneficiarios/as: Proxectos en materia de sensibilización, educación, empoderamento, investigacións etc., utilizando para a súa posta en marcha e desenvolvemento calquera dos diferentes campos artísticos.
  • Deputación da Coruña (Convoca)

Premio “Concepción Arenal” a proxectos educativos pola igualdade de xénero

Beneficiarios/as: Centros educativos públicos da provincia da Coruña.
  • Deputación da Coruña (Convoca)

Subvencións en prol da igualdade e conciliación laboral

Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE) Beneficiarios/as: Pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria (Convoca)

Subvencións para a promoción da igualdade de xénero

Programas de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento e mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2026
  • Deputación da Coruña (Convoca)

Subvencións para a promoción da igualdade de xénero

Axudas económicas destinadas á promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero Beneficiarios/as: Asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia.
  • Secretaría Xeral de Igualdade - Xunta de Galicia (Convoca)

Subvencións para a promoción da igualdade de xénero

Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero Beneficiarios/as: Entidades sen ánimo de lucro.
  • Secretaría Xeral de Igualdade - Xunta de Galicia (Convoca)

Programa de Apoyo Empresarial a las Mujeres (PAEM)

Recursos,formación e acceso a vías de financiación. Beneficiarios/as: Mulleres que emprenderon un negocio recentemente ou que planean facelo.
  • Cámara de Comercio de España (Convoca)

Programa EMEGA

Axudas para o fomento do emprendemento feminino en Galicia. Beneficiarios/as: Empresas privadas formadas por mulleres que inicien ou teñan iniciada a súa actividade económica.
  • Secretaría Xeral de Igualdade - Xunta de Galicia (Convoca)

Noctámbulas – Observatorio sobre las Violencias Sexuales en Entornos de Ocio Nocturno y Consumo de Drogas

Espazo para ampliar información sobre a relación existente entre o consumo de drogas, o acoso e outras violencias sexuales nos contextos de ocio nocturno
  • Fundación Salud y Comunidad

Observatorio de Violencias Sexuales contra Mujeres Jóvenes

Espazo para ampliar a información sobre as distintas manifestacións da violencia sexual contra as mulleres mozas, analizalas desde unha perspectiva feminista e interseccional, e facilitar ás mulleres o acceso aos recursos de atención ante posibles casos de violencia sexual.
  • Federación de Mujeres Jóvenes

Guía de recomendacións para a abordaxe integral das violencias de xénero e o abuso de substancias en mulleres

Extenso documento orientado de xeito específico á problematica do consumo de drogas vencellada á violencia de xénero.
  • Ministerio de Sanidad - Gobierno de España (Edita)

Enquisa Europea sobre Violencia de Xénero

Recollida de datos estatísticos armonizados na Unión Europea sobre violencia de xénero.
  • Eurostat (Edita)

Guía de recursos fronte a violencia de xénero en Galicia

Descrición dos servizos, programas e os contactos das entidades que na comunidade autónoma integran a “Rede de apoio ás vítimas”.
  • Secretaría Xeral de Igualdade - Xunta de Galicia (Edita)

DinamizALAS

Encontro semestral con poñentes expertas entorno á diversidade de xénero e de orientación sexual.
  • ALAS Coruña (Convoca)

Congreso Educativo LGTBIQ+ de Galicia

Congreso anual entorno á educación en diversidade afectiva, sexual e de xénero.
  • Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia (Convoca)

Taboleiro de novidades e xornadas (CIFEX)

Taboleiro de anuncios que recolle formacións oficiais, xornadas e eventos, e outras convocatorias. Organizan, entre outras, as “Xornadas Internacionais de Educación Xénero e Igualdade”.
  • Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) - Universidade de Santiago de Compostela (Convoca)

Xornada Universitaria Galega en Xénero

Punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero.
  • Unidades de Igualdade de Xénero das tres universidades galegas

Itinerario Formativo Virtual en Xénero

Contido didáctico gratuíto dividido en módulos formativos sobre xénero e igualdade.
  • Universidade de Vigo

Propuestas ecofeministas para transformar nuestras organizaciones

Descrición: Formación en liña dirixida a persoas e entidades que busquen coñecer ou afondar sobre como transitar cara organizacións que incorporan miradas feministas e ecolóxicas.
  • Alboan (Convoca)

MOOC Educar en Igualdad

Formación en liña sobre educación en igualdade dirixida a docentes ou persoal educativo en diversos contextos e aberto á poboación xeral.
  • Instituto de las Mujeres - Ministerio de Igualdad (Convoca)

Escuela Virtual de Igualdad

Formación en liña gratuíta sobre igualdade.
  • Instituto de las Mujeres - Ministerio de Igualdad (Convoca)

Educación non Formal con Lentes Violetas

Formación dirixida a profesionais e persoas voluntarias do eido da EnF, encamiñada a afondar na cuestión de xénero dentro do sector, achegándonos a novas perspectivas para gañar en ferramentas e en sentido crítico. Contidos en “igualdade e perspectiva de xénero”, “prácticas educativas transformadoras”, “olladas queer ante a educación no tempo libre”, “transformación dos modelos afectivos e educación afectivo-sexual”, “masculinidades alternativas” e “autodefensa feminista”.
  • Aventeira Sociedade Cooperativa Galega (Convoca)

Boletín e recursos da Unidade de Igualdade – UVigo

Novas, accións formativas e recursos dirixidos a estudantes, persoal investigador e profesionais da educación.
  • Unidade de Igualdade - Universidade de Vigo (Convoca)

Accións formativas da Oficina de Igualdade de Xénero (USC)

Destinadas a estudantes, persoal investigador e profesionais da educación.
  • Oficina de Igualdade de Xénero - Universidade de Santiago de Compostela (Convoca)

Una Guía de Salud Sexual para Acompañar a Personas Adolescentes y Jóvenes

Proposta didáctica dirixida ao profesorado e concebida para colaborar na Educación Sexual do alumnado de ESO, BACH e FP.
  • Osakidetza - Servicio Vasco de Salud

O clítoris e os seus segredos

Guía didáctica docente para axudar a vivir a sexualidade feminina dunha forma máis consciente e pracenteira.
  • Unidade de Igualdade - Universidade de Vigo

Observatorio de las masculinidades

Repositorio de recursos, oportunidades formativas e actualidade sobre masculidades, xénero e igualdade.
  • Universidad Miguel Hernández de Elche

Masculinidades. Materiales para la formación y el debate

Neste libro abórdase a masculinidade desde distintas perspectivas: procesos de socialización, diversidade sexual, traballo doméstico e de coidados, violencias machistas, políticas públicas de igualdade e lexislación, traballo con grupos de homes e mozos, experiencias locais, violencias machistas e prevención do sexismo.
  • Consejería de Igualdad del Cabildo de Gran Canaria (Edita)

Guía para la prevención y actuación ante la violencia de género en el ámbito educativo

Pretende ser un manual para a formación do profesorado destinado a mellorar os seus coñecementos e capacidades para a intervir ante a violencia de xénero.
  • Instituto Asturiano de la Mujer del Principado de Asturias (Edita)

Guía de actuación contra la violencia de género en el ámbito educativo

Dirixida ás persoas profesionais que traballan en centros educativos e outros espazos semellantes, co fin de facilitar unha serie de orientacións básicas que axuden a detectar supostos de violencia de xénero nestes contextos, así como saber que facer e como actuar desde un primeiro momento.
  • Comunidad Autónoma da Rexión de Murcia (Edita)

Guía didáctica: Conectar sin que nos raye

Pretende ser unha invitación ao profesorado para a reflexión persoal e o traballo nas aulas, realizando un percorrido pola terminoloxía e facilitando actividades concretas para traballar a prevención da violencia de xénero e os riscos asociados a Internet.
  • Ayuntamiento de Andújar (Edita)

Realidad del alumno trans en el sistema educativo

Este estudo normativo analiza a lexislación tanto estatal como autonómica, identificando as diferenzas e similitudes entre Comunidades Autónomas en relación coas persoas Trans, tratando de maneira particular a normativa aplicable en materia de educación en identidade de xénero na escola pública española.
  • FELGTBI+ (Edita)

Guía Educativa: Diversidad afectivo-sexual y de identidad de género. Prevención del acoso LGBTFOBO

Contido didáctico orientado a profesorado, alumnado e familias, co fin de informar sobre a realidade da diversidade nas orientacións afectivo-sexuais e identidades de xénero. Isto, co obxectivo de sensibilizar, visibilizar e apreciar a diversidade e tendo como meta final a erradicación do acoso escolar, especialmente el LGBTfobo.
  • COGAM (Edita)

Guía Somos Diversidad

Actividades para a formación de profesionais da Educación Formal e Non Formal en materia de diversidade sexual, familiar, corporal, e de expresión e identidade de xénero.
  • Universidad Complutense de Madrid (Edita)

Manual de estilo para una comunicación inclusiva y no sexista

Breve manual con algunhas recomendacións e ferramentas para a facilitación da tarefa de escritura das mensaxes dunha entidade.
  • Ecologistas en acción (Edita)

Guía rápida para unha linguaxe non sexista

Guía rápida para unha linguaxe non sexista
  • blogresponsable.com (Edita)

Lentes Violetas de Igualdade para entidades socio-educativas e de tempo libre

Programa gratuíto destinado a entidades socio-educativas e de tempo libre da provincia da Coruña. Traballa en tres eixos: análise da realidade en cuestión de xénero e igualdade da entidade; pílulas formativas dirixidas aos seus membros; e posta en práctica do aprendido no marco da propia organización.
  • Aventeira Sociedade Cooperativa Galega - Deputación da Coruña

Oferta de obradoiros dos centros Quérote+

Obradoiros presenciais e en liña gratuítos para centros educativos, concellos e asociacións.
  • Quérote+ - Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado - Xunta de Galicia

Programa Diana: Programación creativa en igualdad

Obradoiros dirixidos a alumnado de todas as idades que buscan romper cos estereotipos de xénero aproveitando o potencial da programación. Así mesmo, pon a disposición da comunidade educativa material didáctico para realizar co alumnado actividades con perspectiva de xénero.
  • Instituto de las Mujeres - Ministerio de Igualdad

Cine-Fórums: Igualdad de género y Diversidad sexual

Proposta de actividade para traballar esta temática empregando pezas audiovisuais.
  • ASDE

Listado de cancións

Cancións para traballar o respecto cara a diversidade afectivo-sexual.
  • Asociación Nós Mesmas

Como che soa?

Material para traballar distintas manifestacións da violencia nas cancións.
  • IES Politécnico de Vigo

Científicas en corto

Curtametraxe sobre a importancia das mulleres na historia da ciencia, visibilizando exemplos de científicas do pasado e do presente, e amosando as súas realidades.
  • Universidad de Sevilla

The Representation Project

Proxecto audiovisual en inglés conformado por diversos documentais relacionados coa igualdade e a perspectiva de xénero.
  • The Representation Project

Listado de películas con temática LGTBI

Listado e breve descrición de pezas audiovisuais que se poden empregar como recurso para afondar sobre a temática LGTBI.
  • Asociación Nós Mesmas

Películas que educan

Selección de películas para reflexionar sobre cuestións relacionadas coa igualdade.
  • IES Plurilingüe Fontexería

Curtas en galego contra a violencia de xénero

Curtas gañadoras das distintas edicións do “Concurso de guións contra a violencia de xénero”.
  • Área de Igualdade - Deputación da Coruña

Micromachismos. Machismo invisivilizado

Vídeo colaborativo e interxeracional feito coa participación de veciñas, asociacións e establecementos de Vedra, co obxectivo de facer visible o machismo cotiá, tan arraigado que chega a ser imperceptible.
  • Asociación Berenguela pola Igualdade

Vídeo del verano – Campaña #YoRespeto

Campaña de sensibilización en relación á viralización de vídeos íntimos na Rede.
  • Pensamiento Colectivo (Edita)

Guía de género ATADES

Guía de actividades para traballar a igualdade de xénero con persoas con discapacidade intelectual.
  • Asociación Tutelar Aragonesa de Discapacidad Intelectual

 Guía “Somos Diversidad”

Actividades para a formación de profesionais da educación formal e non formal en diversidade sexual, familiar e corporal.
  • Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 y Ministerio de Igualdad

Materiales sobre diversidad sexual

Diverso material para traballar dito contido nas aulas e outros espazos de formación.
  • Federación de Empleadas y Empleados de los Servicios Públicos de la Unión General de Trabajadores

Guía “Abrazar la diversidad”

Esta guía inclúe unha análise da LGTBIAQ+fobia nas aulas e propón un conxunto de medidas concretas, a modo de recomendacións, dirixidas a entidades, centros e a toda a comunidade educativa para previr, detectar e actuar contra o acoso homofóbico e transfóbico, unha aproximación ao marco xurídico no noso país e unha coidada selección de recursos didácticos para traballar na aula.
  • Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades

 Una Guía de Salud Sexual para Saberlo Todo

Proposta divulgativa concebida para colaborar na Educación Sexual da mocidade.
  • Osakidetza - Servicio Vasco de Salud

En busca del buen amor: Evitando amores que matan

Material didáctico dirixido a rapazada de entre 10 e 13 anos que busca a identificación de patróns de desigualdade ou violencia nas relacións afectivas, o recoñecemento emocional e a prevención das relacións daninas.
  • Consejería de Educación, Cultura y Deportes - Gobierno de Canarias

Guía didáctica. Nuevos espacios de seducción

Búscase que sexa unha ferramenta reflexiva que sirva para abordar conxuntamente, entre a rapazada e as persoas educadoras, as nosas actitudes e comportamentos nas aplicacións de citas, así como para asumir o noso grao de responsabilidade cando establecemos relacións e vínculos, tanto dixitais como analóxicos, para que se baseen na empatía, o respecto e os coidados mutuos.
  • Conseyu de la Mocedá del Principáu d`Asturies

Propuesta Educativa Sexo Con-Sentido

Proposta de obradoiros educativos dirixidos a capacitar aos e ás adolescentes para ler as relacións de poder presentes nas relacións afectivo-sexuais e como estas se representan na pornografía e outros produtos culturais, co fin de aprender a abordar as súas relacións afectivo-sexuais desde a corresponsabilidade e a ética.

Do gris ao violeta

Proxecto que recompila achegas á historia das mulles de Pontevedra.
  • Concello de Pontevedra

 Las mil caras de la violencia machista en la población joven

Aborda a través de artigos de diversas autoras e autores os xeitos específicos nos que as violencias machistas se presentan na xuventude, a cuestión da masculinidade, así como estratexias e boas prácticas de prevención.
  • Revista de Estudios de Juventud, Nº 125 (2022).

De fronte

Recursos audiovisuais, libros recomendados para público infantil, xuvenil e adulto, ensaios e estudos, xogos interactivos e outros recursos compilados pola Área de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña como parte das campañas entorno ao 25 "De fronte contra as violencias machistas".
  • Deputación da Coruña

Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero. Unidade Didáctica para Educación Secundaria

Conxunto de actividades en lingua galega para traballar contidos relacionados coa violencia de xénero.
  • Secretaría Xeral da Igualdade - Xunta de Galicia

El machismo que no te pega. Guía didáctica para detectar, sensibilizar y prevenir la violencia contra las mujeres a través de los micromachismos

Texto didáctico dirixido a toda a comunidade educativa de Ed. Secundaria que ten como obxectivo promover na xuventude a detección dos micromachismos ou comportamentos sexistas invisibles, os cales contribúen a reproducir a desigualdade de xénero e a violencia machista.
  • Plataforma Andaluza de Apoyo al Lobby Europeo de Mujeres

Guías didácticas para trabajar la prevención de la violencia de género

Material didáctico que pretende proporcionar ferramentas ao profesorado de tódolos niveis educativos, desde infantil ata a educación con persoas adultas, para traballar a prevención desde as aulas.
  • Consejería de Servicios Sociales - Ciudad Autónoma de Ceuta

En deuda con todas

Unha guía para traballar desde o documental homónimo que retrata as loitas pola despenalización do aborto no Salvador, co fin de conceptualizar, entender e defender os dereitos sexuais e reprodutivos como parte dos Dereitos Humanos.
  • Asemblea de Cooperación pola Paz

Colección “Rebeldes de género”

Colección de materiais didácticos nun formato adaptado á mocidade, cun estilo desenfadado, rebelde e dinámico, coa intención de que poidan ser a base de diversas conversas e actividades para abordar as temáticas claves para a prevención da violencia de xénero co alumnado de Ed. Secundaria. Os contidos recóllense baixo os epígrafes: “Despatriarcando el sexo”, “Despatriarcando el amor”, “Despatriarcando masculinidades”, “Despatriarcando los lenguajes”, “Despatriarcando las parejas” e “Despatriarcando cuerpos”.
  • Gobierno de Canarias

Recursos didácticos para o 25N

Recursos e actividades específicas para traballar esta temática nas aulas e nos espazos de Educación Non Formal.
  • Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galicia

Materiais para traballar nas aulas de Ed. Secundaria o 8M

  • Asociación Socio-Pedagóxica Galega e CIG-Ensino

 Unidade didáctica para traballar nas aulas de Ed. Primaria o 25N

  • Asociación Socio-Pedagóxica Galega e CIG-Ensino

Materiais para traballar nas aulas de Ed. Primaria o 8M

  • Asociación Socio-Pedagóxica Galega e CIG-Ensino

Unidade didáctica para traballar nas aulas de Ed. Secundaria o 25N

  • Asociación Socio-Pedagóxica Galega e CIG-Ensino

Campaña de Sensibilización “Vamos a hablar de pornografía”

Materiais divulgativos e de sensibilización que trasladan unha visión da actualidade en relación ao consumo de pornografía durante a adolescencia.
  • Ministerio de Igualdade

 Nuevos modelos de comunicación en parejas jóvenes: Propuestas para la intervención en entornos socioeducativos

Ferramenta que traduce un proceso de investigación en recomendacións para a aplicación de prácticas en materia de xuventude e novas tecnoloxías, destinada a educadoras e mediadoras xuvenís que realizan diferentes intervencións socioeducativas desde o eido comunitario.
  • Conseyu de la Mocedá del Principáu d`Asturies

#Sextingpositivo. Propuesta didáctica para 2º ciclo de la ESO

Conxunto de actividades educativas para reflexionar e aprender sobre “sexting” dun xeito positivo.
  • Conseyu de la Mocedá del Principáu d`Asturies

Análisis de los estereotipos de género a través de la publicidad y los dibujos animados

Unidade didáctica con propostas de actividades para traballar esta temática coa rapazada de Educación Primaria.
  • Departamento de Educación - Gobierno de Navarra

Jóvenes, Publicidad y Valores. Cómo evitar la influencia negativa de la publicidad dirigida a jóvenes

Guía para o desenvolvemento de programas de prevención que aborda as estratexias publicitarias, a cuestión do sexismo e a imaxe da muller na publicidade.
  • Diputación de Alicante - Área de Familia y Ciudadanía

Guía de recursos para #Mujerestecnológicas

O obxectivo desta guía é contribuír á eliminación da fenda dixital de xénero, facilitando o acceso das mulleres ás TICs e promovendo, así, a súa empregabilidade e empoderamento.
  • Federación de Mujeres Jóvenes

Materiales didácticos. Confianza y seguridad de las mujeres en la Red

Promove a participación das mulleres na Sociedade da Información facendo fincapé na confianza e seguridade na Rede.
  • Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades - Ministerio de Igualdad

Women Legacy Project

Proxecto europeo que achega instrumentos de intervención didáctica que facilitan a inclusión de referentes femininos e as súas contribucións nos contidos educativos.
  • Conselleria d’Educació, Cultura i Esport de la Generalitat Valenciana e outras entidades aliadas

Galería Biobibliográfica “Mulleres no Álbum de Galicia”

Céntrase en buscar e dar a coñecer referencias das mulleres galegas máis esquecidas pola historia, sen deixar de lado ás máis recoñecidas e estudadas. Dáse maior importancia, nestes últimos casos, á visibilización das vertentes menos difundidas das súas traxectorias.
  • Consello da Cultura Galega

Revista “RAPAZAS”

Publicación dirixida a adolescentes con contidos que van desde a explicación do que é a violencia de xénero ata un consultorio de películas e libros sobre esta forma de violencia machista, entre outras seccións.
  • Concellería de Benestar Social e Igualdade - Concello de Lugo

Coñecendo as nosas deportistas

Proposta de actividades educativas co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas, así como de visibilizar a situación da muller galega no deporte.
  • Secretaría Xeral de Igualdade - Xunta de Galicia
https://vella.aventeira.com/wp-content/plugins/tlp-portfolio/assets/images/demo.jpg

Elas son animais

Caderno coloreable onde aprender o nome das femias dos animais, ademais de reforzar a súa interpretación como seres fortes, independentes e traballadores.
  • Secretaría Xeral de Igualdade - Xunta de Galicia

Aprende coas mulleres galegas

Actividades para coñecer e afondar na vida de mulleres referentes de Galicia.
  • Secretaría Xeral de Igualdade - Xunta de Galicia

 Guía de lectura infantil y juvenil no sexista y coeducativa

  • Diputación de Granada - Delegación de Igualdad de Oportunidades y Juventud

Guía de literatura infantil e xuvenil pola igualdade

Guía de lecturas infantís e xuvenís igualitarias e coeducativas.
  • Secretaría Xeral da Igualdade - Xunta de Galicia e Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil GÁLIX

El mundo raro de Mermel

  • Federación de Enseñanza de CC.OO.

Érase una vez un cuento al revés

Contos dixitais para a coeducación.
  • Junta de Castilla y León

Revista “Pikara Magazine”

  • Pikara Magazine

Calibán y la bruja – Silvia Federici

  • Traficantes de sueños

El segundo sexo – Simone de Beauvoir

  • Universidad de La Plata

Textos para a historia das mulleres en Galicia

  • Consello da Cultura Galega

Bla Bla Sex

Ferramenta interactiva para informar sobre sexualidade e aprender a expresar necesidades, a establecer límites ou a construír relacións respectuosas.
  • SEDRA - Federación de Planificación Familiar

Inteligencia Aliada

Xogo interactivo en formato test que ofrece respostas ás mensaxes de odio máis recurrentes sobre as persoas LGTBIQA+ e as súas familias. Fonte: FELGTBI+
  • FELGTBI+

“NetSafe: Objetivo Fama”

Escape Room online e educativo para abordar a prevención das ciberviolencias na adolescencia.
  • Federación Mujeres Progresistas

Que sabes das violencias dixitais?

Xogo online con guía didáctica para o profesorado sobre as violencias de xénero dixitais dirixido á rapazada de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • Deputación da Coruña - Área de Igualdade de Xénero

Women in Science

Xogo de cartas auto-imprimible coas historias en inglés de 52 mulleres do eido científico pouco coñecidas.
  • Luana Games

El estereotipator

Xogo en liña dirixido a Educación Primaria e ESO para traballar os estereotipos de xénero.
  • Junta de Castilla y León

Proyecto ellas. Siempre fuimos invencibles

Unha cantidade enorme de actividades, xogos e suxestións para todas as idades cun denominador común: o de facer visibles ás mulleres a través do ensino.
  • Instagrams @revolu_patri e @mi_oreja_verde

Di: “Capacidade”

Conxunto de dinámicas para traballar a diversidade coa rapazada de Educación Infantil e Primaria.
  • Instagram @burbullasdePT

15 xogos de mesa para educar en igualdade de xénero

Con estes xogos de mesa é posible educar en igualdade e feminismo, tanto dentro como fóra das aulas.
  • Blog “Educando en igualdade”

Jaibu

Xogo de mesa de descarga gratuíta para traballar a Educación Sexual e Afectiva. Destinado a xogadores e xogadoras a partir dos 10 anos.
  • Concejalía de Igualdad y Mujer - Ayuntamiento de Elda

Micromachismos. Machismo invisivilizado

Vídeo colaborativo e interxeracional feito coa participación de veciñas, asociacións e establecementos de Vedra, co obxectivo de facer visible o machismo cotiá, tan arraigado que chega a ser imperceptible.
  • Asociación Berenguela pola Igualdade

Guías didácticas para trabajar la prevención de la violencia de género

Material didáctico que pretende proporcionar ferramentas ao profesorado de tódolos niveis educativos, desde infantil ata a educación con persoas adultas, para traballar a prevención desde as aulas.
  • Consejería de Servicios Sociales - Ciudad Autónoma de Ceuta

Aprende coas mulleres galegas

Actividades para coñecer e afondar na vida de mulleres referentes de Galicia.
  • Secretaría Xeral de Igualdade - Xunta de Galicia

A Coruña en feminino

Xogo-descuberta en clave feminina pola cidade da Coruña, onde descubrir unha chea de mulleres relevantes na historia da cidade e do país.
  • IES Plurilingüe Fontexería

Unidade didáctica para traballar nas aulas de Ed. Secundaria o 25N

  • Asociación Socio-Pedagóxica Galega e CIG-Ensino

Textos para a historia das mulleres en Galicia

  • Consello da Cultura Galega

Decálogo: Xogo tradicional e perspectiva de xénero

  •  Manuela Vázquez Coto e Cristina López Villar (UDC)

Proxecto subvencionado pola Deputación da Coruña cun importe de 28.786,82€  a través do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2025 e con 5.370,84 € a través do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de políticas de xénero no ano 2025.

Volver arriba